Esta mañá reuniuse en Santiago de Compostela a Rede Municipalista Solidaria integrada polo persoal técnico delegado das relación co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en cada unha das Administracións socias. No transcurso da xuntanza, á que tamén asistiron varias representantes políticas, presentouse o proxecto europeo'Redes para o desenvolvemento', onde o Fondo Galego asesora a Portugal e Alemaña na promoción das redes de cooperación descentralizada.
A presidenta do Fondo Galego de Cooperación, Teresa París, foi a encargada de abrir o encontro. O responsable da Secretaría Técnica, Daniel González Palau, realizou a continuación un repaso das actividades incluídas no Plan de Sensibilización correspondente ao ano que agora remata. Estas iniciativas van desde