Noticias - Redes para o Desenvolvimento

Noticias

Créase en Portugal a Rede Intermunicipal de Cooperaçao asesorada polo Fondo Galego

16 May
- Representantes do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade participan en Lisboa no peche do proxecto europeo 'Redes para o desenvolvemento'

- A asociación de Concellos e Deputacións achegou durante tres anos a súa experiencia neste eido a entidades lusas e alemás en diversos encontros
Máis sobre

Enxeñería sen Fronteiras e o Fondo Galego apoian a planificación do acceso á auga en Honduras

03 Apr
- A asociación de Concellos e Deputacións financia con 18.200 euros un proxecto que capacitará persoal da Alcaldía de Marcovia na xestión do recurso.

- A poboación beneficiaria participa na recollida da información na que se basearán as propostas de actuación para o abastecemento e o saneamento.

Máis sobre

A ONGD Implicadas e o Fondo Galego promoven a participación política das mulleres na India

11 Mar
- A asociación de Concellos e Deputacións financia con 6.730 euros un proxecto para impulsar o empoderamento de 1.500 donas desfavorecidas.
 
- A través dos grupos de aforro e microcrédito dos suburbios canalízanse actividades formativas que melloran a súa independencia e autoestima.

Máis sobre